martes, 12 de febrero de 2019

Pruebas Libres de Graduado en ESO

Convocatoria de las pruebas libres de Graduado en Educación Secundaria obligatoria para mayores de 18 años: puede ver la información completa en la web de la Xunta http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1238 o, más breve,en este resumen:

Cartel informativo, sen validez oficial.       Para máis información, DOG núm.24 do 15 de xaneiro de   2019.
PROBAS TÍTULO GRADUADO EN SECUNDARIA PARA MAIORES DE 18 ANOS
Matrícula: do 11 ao 22 de marzo, ambos incluídos.
Convocatoria de maio
Data probas: 24 de maio
Matrícula: do 01 ao 08 de xullo, ambos incluídos.
Convocatoria de setembro
Data probas: 06 de setembro
Horario das probas
Sesión da mañá
Sesión da tarde
9.30-12.00
(Primeira parte)
Grupo Científico -Tecnolóxico
Exercicios das materias de matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural
16.00-19.00
Grupo lingüístico.




Exercicios das áreas de: lingua castelá e literatura, lingua galega e literatura e lingua estranxeira
12.15-13.15
(Segunda parte)
Grupo Ciencias Sociais
Exercicios das áreas Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Educación para a Cidadanía e aspectos perceptivos das materias de Educación plástica e visual,e música
Condicións dos aspirantes.- Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
1.  Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba. (23/05/2000 - 05/09/2000)
2.  Non estaren en posesión do Título de Graduado en Educación Secundaria. Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de Educación Secundaria Obrigatoria establecidas no artigo 7, apartado 5 da Orde do 21 de decembro de 2007 (DOG do 7 de xaneiro de 2008)
4.  Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2018/19 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
5.  O alumnado matriculado durante o curso 2018/19 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
5.1.   Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
5.2.  Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos. 
 O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.
Importante: As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.
Exención da materia de Lingua Galega.-
Durante o período de inscrición, as persoas aspirantes poderán dirixir á dirección do centro a solicitude de exención de lingua galega para que non sexa obxecto de avaliación nesta convocatoria. Para iso utilizarase o modelo no que se expresará a razón pola que se solicita a exención prevista no artigo 18.1 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.
As persoas solicitantes de exención acreditarán a procedencia doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro. As persoas procedentes doutra comunidade presentarán, ademais, copia compulsada da documentación que acredite os últimos estudos realizados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario