Convocatoria de las pruebas libres de Graduado en Educación Secundaria obligatoria para mayores de 18 años: puede ver la información completa en la web de la Xunta http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1238 o, más breve,en este resumen:
Cartel informativo, sen validez oficial. Para
máis información, DOG núm.24 do 15 de xaneiro de 2019.
PROBAS TÍTULO
GRADUADO EN SECUNDARIA PARA
MAIORES DE 18
ANOS
|
||||||
Matrícula: do 11 ao 22 de marzo, ambos incluídos.
|
Convocatoria de maio
|
Data probas: 24 de maio
|
||||
Matrícula: do 01 ao 08 de xullo, ambos incluídos.
|
Convocatoria de setembro
|
Data probas: 06 de setembro
|
||||
Horario
das probas
|
Sesión da mañá
|
Sesión da tarde
|
||||
9.30-12.00
(Primeira parte)
Grupo
Científico -Tecnolóxico
|
Exercicios
das materias de matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e
Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural
|
16.00-19.00
Grupo lingüístico.
|
Exercicios das áreas de: lingua castelá e literatura, lingua galega e literatura e lingua estranxeira |
|||
12.15-13.15
(Segunda parte)
Grupo
Ciencias Sociais
|
Exercicios
das áreas Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Educación para a Cidadanía e aspectos perceptivos das materias de Educación plástica e visual,e música
|
|||||
Condicións dos aspirantes.- Poderán participar nestas probas as persoas
que cumpran os seguintes requisitos:
1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día
anterior á data de realización da proba. (23/05/2000 - 05/09/2000)
2. Non estaren en posesión do Título de Graduado
en Educación Secundaria. Non estaren inscritas para a superación das materias
de 4º curso de Educación Secundaria Obrigatoria establecidas no artigo 7,
apartado 5 da Orde do 21 de decembro de 2007 (DOG do 7 de xaneiro de 2008)
4. Non estaren nin teren estado matriculadas
no curso 2018/19 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de
formación profesional básica.
5. O alumnado matriculado durante o curso
2018/19 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas
probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
5.1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten
que solicitar a baixa
nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar
á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
5.2.
Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con
ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.
Importante: As persoas matriculadas para a primeira convocatoria,
se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas
para a segunda convocatoria sen que teñan
que presentar nova
documentación.
Exención
da materia de Lingua Galega.-
Durante o período
de inscrición, as persoas aspirantes poderán dirixir á dirección do centro a solicitude de exención de lingua galega para que non sexa obxecto
de avaliación nesta convocatoria. Para iso utilizarase o modelo no que se expresará a razón pola que se solicita a exención prevista no artigo 18.1
do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para
o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.
As persoas solicitantes de exención acreditarán a procedencia doutra comunidade autónoma
ou dun país estranxeiro. As persoas procedentes doutra comunidade presentarán, ademais, copia compulsada da documentación que
acredite os últimos estudos realizados.
|